sábado, 9 de mayo de 2015

Debuxa o teu almorzo

Xa fai uns meses, os nenos e nenas de 1º e 2º do CEIP Flavia participaron nun concurso promovido pola Consellería de Educación chamado "Debuxa o teu almorzo". Con tan boa sorte que un deles gañou o 1º premio. 

Esta semana os nenos e nenas de 2ºA foron a Santiago a acompañar ó seu compañeiro Yago Rodríguez a recoller o premio. Alí regaláronlles a cada un, unha bolsa con diversas froitas e, ó gañador, unha bicicleta e unha cesta de froita ben grande.

Dende aquí queremos darlle a noraboa a Yago e desexarlle que disfrute con ese premio tan merecido.

NORABOA YAGO!!!

Aquí tendes ó gañador recollendo os seus premios:


Cos seus compañeiros/as:


A noticia que saiu no xornal: 


E todos os nenos/as do Flavia que participaron no concurso, mostrando os seus diplomas:

No hay comentarios: