Onte tivemos unha visita moi especial no noso cole. Viñeron dúas persoas a falarnos sobre as aves rapaces, en concreto, sobre a aguia e o moucho, xa que eran as aves que nos trouxeron.
Dixéronnos que hoxe en día había xente que as compraba como mascotas e que non é aconsellable xa que non son aves domésticas. Tamén nos falaron sobre a importancia de manter limpos os nosos bosques para que estes, e outros animais, non desaparezan.
Ensináronnos como voaba a aguia, inda que nos asustaba un pouco e mesmo berramos. Despois puidemos gozar da beleza do moucho e houbo quen tivo a sorte de poder tocalo e comprobar o suaves que son as súas plumas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario