O pasado 13 de maio os nenos e nenas de 5 anos, 1º e 2º fomos de visita á Fundación Camilo José Cela.
Alí coñecimos a fundación por dentro e tivemos a oportunidade de ver os xardíns, unha locomotora, o despacho, os nosos contos colgados do teito, libros... e ata as togas de "Doutor Honoris Causa".
Tamén asistimos a un espectáculo de música e títeres titulado "5 minutos para a función".
Pasamos un día moi entretidos coñecendo a fondo esta fundación que temos tan preto.
Na seguinte presentación de fotos podedes ver o ben que o pasamos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario