viernes, 3 de marzo de 2017

ENTROIDO 2017

O pasado xoves día 23 de febreiro celebramos no noso colexio a tradicional festa de Entroido.
Despois de ir quentando motores durante unha semana, facendo caso das consignas do Meco, o xoves viñemos disfrazados da casa cada un/unha como quixo.

Empezamos a festa degustando todo tipo de postres típicos destas festas, aportados polas familias dos nenos/as e despois baixamos ó patio grande para bailar.

Aquí vos deixamos una presentación de fotos dese día para que vexades o ben que o pasamos: 


viernes, 10 de febrero de 2017

Saída ó Auditorio

Esta semana os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria fixemos unha pequena, pero moi divertida, saída ó Auditorio de Padrón.

Tivemos a sorte de poder asistir a un concerto no que nos presentaban o CD "O tempo dos xogos". Son cancións moi movidas e divertidas. Os músicos, ademáis de cantar e invitarnos a cantar e bailar, nos ensinaban os nomes dos instrumentos musicais que tiñan enriba do escenario, polo que ademáis de pasalo xenial, aprendimos un montón.



Deixámosvos aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasamos:



E outro vídeo para que aprendades unha das cancións que tanto nos gustou:



martes, 31 de enero de 2017

O Día da PAZ no CEIP Flavia

O 30 de xaneiro se celebra o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No Ceip Flavia, como todos os anos, nos sumamos a esta celebración.

Como xa ven sendo tradición ultimamente, decoramos a nosa pirámide con diversas mans:


O luns 30 de xaneiro saímos todos os nenos e nenas do colexio ó Salón de Pasos Perdidos para cantar unha bonita canción de Migallas que nos ensinou Nuria, a profe de música. O estribillo da canción a cantamos coa nosa voz e coas nosas mans, para que as persoas con xordeira tamén nos entendan. 



Aquí vos deixamos o video da canción para que a poidades disfrutar:



viernes, 20 de enero de 2017

Merendas saudables

Os alumnos/as do curso 6ºA do CEIP Flavia estiveron a traballar na aula sobre unha campaña de merendas saudables para os nenos e nenas e para o medio ambiente, chegando á conclusión de que as merendas, canto menos envoltorios teñan, máis saudables serán tanto para as os rapaces como para o noso medio, neste caso, o colexio:
Se é bo para ti é bo para o colexio.

Na clase realizaron uns carteis para mostrar esta idea e este resultou ser o gañador:


viernes, 13 de enero de 2017

Último día de clase do 1º trimestre.

O último día de clase do primeiro trimestre foi, como non podía ser doutra forma, un día de festa.
Tivemos a sorte de poder asistir como espectadores , e algúns como protagonistas, a un espectáculo do Mago Teto, co que nos divertimos moitísimo. Houbo dous pases: un para os maiores e outro para os pequenos de Infantil:










Despois houbo festas nas clases ca visita de Papá Noel.

Ademais, este ano decidimos adornar a nosa árbore de Nadal con adornos elaborados con material de refugallo. Mirade que bonita nos quedou!:

lunes, 19 de diciembre de 2016

Thais saúda ó colexio Flavia

Thais, a moza  de Boiro finalista do coñecido programa de Tv "La Voz", mandounos  un agarimoso saúdo  para o colexio Flavia de Padrón.
Aquí vos deixamos algunha das súas actuacións, co seu estilo rockeiro e voz rasgada que tango nos gusta. 
Dende o Flavia desexámoslle toda a sorte para  a final, e as nenas e nenos agradecémoslle   moito este video que nos enviou!

Ánimo Thais.   

video