viernes, 10 de febrero de 2017

Saída ó Auditorio

Esta semana os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria fixemos unha pequena, pero moi divertida, saída ó Auditorio de Padrón.

Tivemos a sorte de poder asistir a un concerto no que nos presentaban o CD "O tempo dos xogos". Son cancións moi movidas e divertidas. Os músicos, ademáis de cantar e invitarnos a cantar e bailar, nos ensinaban os nomes dos instrumentos musicais que tiñan enriba do escenario, polo que ademáis de pasalo xenial, aprendimos un montón.



Deixámosvos aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasamos:



E outro vídeo para que aprendades unha das cancións que tanto nos gustou:



No hay comentarios: