O 30 de xaneiro se celebra o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No Ceip Flavia, como todos os anos, nos sumamos a esta celebración.
Como xa ven sendo tradición ultimamente, decoramos a nosa pirámide con diversas mans:
O luns 30 de xaneiro saímos todos os nenos e nenas do colexio ó Salón de Pasos Perdidos para cantar unha bonita canción de Migallas que nos ensinou Nuria, a profe de música. O estribillo da canción a cantamos coa nosa voz e coas nosas mans, para que as persoas con xordeira tamén nos entendan.
Aquí vos deixamos o video da canción para que a poidades disfrutar:
No hay comentarios:
Publicar un comentario