sábado, 31 de enero de 2015

O Día da PAZ no Flavia

O día 30 de xaneiro celebramos, como cada ano, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para esta ocasión traballamos sobre un cadro moi representativo da nosa historia: Guernica, de Pablo Picasso. 

Cada clase, dende os máis cativos ata os máis maiores do colexio, se encargou de pintar un anaco do cadro, que previamente estaba dividido. A consigna era facer deste cadro un cadro máis alegre (na medida do posible) dándolle cor e pintándoo con ceras brandas.

Este é o resultado do Guernica do CEIP Flavia:



Tamén se realizaron outros traballos que decoran a entrada do colexio:

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esta muy chulo, todo esto del día de la paz. Lo que mas me gusta es el cuadro