A semana pasada os nenos e nenas de Infantil realizaron unha saída moi interesante...
Eles levaban tempo traballando nun proxecto sobre as abellas, eran uns autenticos expertos e lles escoitabas falar de enxamios, zanganos e trobos como se fora algo do maís normal. Incluso houbo no Cole unha exposición de paneis, cortizos e todo tipo de utensilios relacionados co mundo da apicultura.
Como remate do proxecto foron o museo vivente de Arzua "O Enredo do Abelleiro".
Puideron ver unha "Albariza" chea de cortizos, trobos e unha alacena tradicional . Así era como cultivaban o mel os nosos devanceiros. Tamén teñen un apiario moderno con colmeas mobís.
No interior, ademaís dunha exposición permanente contan con salas para a extracción, decantación e envasado do mel e un moderno laboratorio para analizar as calidades do mel.
Pasárono moi ben e aprenderon un motón de cousas. Que maís podemos pedir?
Se queredes coñecer maís este lugar, podedes visitar a súa páxina web http://www.abelleiro.com
1 comentario:
FELICITAR A LAS PROFES DE INFANTIL POR ESTAS EXCRUSIONES TAN MARAVILLOSAS QUE HACEN Y QUE A NUESTROS ENNANOS LES ENCANTAN
UN GRUPO DE MADRES
Publicar un comentario