martes, 19 de mayo de 2009
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
O pasado venres 15 de maio celebramos no cole o Festival das Letras Galegas. Despois de recordar a vida e obra do homenaxeado "Ramón Piñeiro" e ver un pequeno vídeo sobre a súa vida, puidemos ser expectadores de numerosas actuacións preparadas polos nenos e nenas do cole coa axuda dos seus profesores.
Os nenos de infantil encantáronnos coa canción que interpretaron "No niño do vento".
Os compañeiros de primeiro interpretaron unha simpática regueifa e unha canción "A saia de Carolina". Os rapaces de segundo fixeron un karaoke coa canción "A Virxe de Guadalupe" que acabamos cantando tódolos nenos xuntos.
Tamén tivemos unha pandereitada "Mandilín-mandilón" interpretada por nenos de segundo, adiviñas , chistes e poesías (nenos/as de quinto) e ata un concurso da tele "Pasa Palabra" feito por compañeiros de terceiro e cuarto.
Para rematar esta mañán tan divertida tivemos a sorte de contar coa presenza dunha escritora local: Iolanda Eiras que nos falou do seu libro "Baldrás o xigante". Iolanda contestou as preguntas que lle fixemos e asinou exemplares da súa obra.
Etiquetas:
Festas,
normalización
No hay comentarios:
Publicar un comentario