Os nenos de cinco anos levamos tempo facendo preguntas sobre os bebés. Aproveitando isto e que hai bastantes mamás embarazadas e con recién nacidos, embarcámonos nun novo proxecto.
Empezamos plasmando as ideas previas dos nenos, nun "plan de traballo" con dúas partes: o que os nenos sabían e o que querían saber e a nós nos interesaba que souberan:
Establecemos entre todos unhas pautas de "acción" para verificar ou averiguar aquelo que non sabemos. Buscamos e pedimos ás familias materiais : revistas, libros da casa e do cole, fotografías,... Entre todos xuntamos ademáis deste material, vídeos, ecografías, pinzas de cordóns umbilicais, fotos de bebés e mamás embarazadas, partes de maternidade,... e organizamos con todo o noso rincón de "O BEBÉ":
Pouco a pouco, fomos dosificando a información , escoitamos atentamente e reflexionamos sobre as fases do noso desenrolo como persoas e ollando paso a paso o desenrolo embrionario e o nacemento dunha nena, grazas as páxinas de YouTube con videos National Geographic e os vídeos "La alegría de la vida" editados pola Consellería de Educación de "La Junta de Extremadura"
¡Quedamos abraiados vendo o nacemento! Que bonita nena!
Realizamos enquisas as mamás:Empezamos plasmando as ideas previas dos nenos, nun "plan de traballo" con dúas partes: o que os nenos sabían e o que querían saber e a nós nos interesaba que souberan:
Establecemos entre todos unhas pautas de "acción" para verificar ou averiguar aquelo que non sabemos. Buscamos e pedimos ás familias materiais : revistas, libros da casa e do cole, fotografías,... Entre todos xuntamos ademáis deste material, vídeos, ecografías, pinzas de cordóns umbilicais, fotos de bebés e mamás embarazadas, partes de maternidade,... e organizamos con todo o noso rincón de "O BEBÉ":
Pouco a pouco, fomos dosificando a información , escoitamos atentamente e reflexionamos sobre as fases do noso desenrolo como persoas e ollando paso a paso o desenrolo embrionario e o nacemento dunha nena, grazas as páxinas de YouTube con videos National Geographic e os vídeos "La alegría de la vida" editados pola Consellería de Educación de "La Junta de Extremadura"
¡Quedamos abraiados vendo o nacemento! Que bonita nena!
Enma, mamá de Alejandro P. e que está embarazada:
Mamá de Lara e de Mara (recién nacida, de seis días)
Aida, mamá de Nicolás (sete meses) e Alejandro R.
Estamos a elaborar coa axuda das familias un "Libro Viaxeiro": "Me cuentas como nací"e elaborando gráficos coas medidas e pesos que tiñamos cando nacemos.
Con todo o aprendido fixemos un libro recopilatorio. Esperamos que vos guste:
Cando rematamos, fixemos unha avaliación do noso "plan de traballo" inicial e quedamos de novo abraiados polas "meteduras de pata" dun principio: chamámoslle "hospitalistas" ós médicos das embarazadas, dixemos que os nenos na barriga só dan patadas, que unha mamá non pode ter máis que un neno en cada embarazo,... ¡ FARTÁMONOS DE RIR! PERO SOBRE TODO, DÉMONOS DE CONTA DE QUE APRENDÉRAMOS moito, moito, moito.
Gustounos moito contar coa colaboración de Silvia S. S., profe de prácticas que nos axudou moito e coa que o pasamos moi ben. Un forte bico Silvia.
SI QUEREDES SABER MÁIS SOBRE ESTE TEMA, CLICADE AQUÍ
Agora estamos traballando na clase en.... ¡PERO ESA É OUTRA HISTORIA"
4 comentarios:
Como traballastes!!!Así dá gusto!!!
Aquí hai uns futuros xinecólog@s e especialistas!!!
Ten moito mérito volcarse deste xeito nos proxectos que elaborades. Hai que ter esperanza en que est@s nen@s non perdan o entusiasmo nas materias que lles surgan co paso dos anos, pois o que aprenden a diario está ben á vista.E hai que ter moito valor para tratar temas tan variados como é o do "bebé" que, sendo algo tan sinxelo e real é algo ó que todos escapamos, como si fora un tabú, e non debería ser así; porque ó meu modo de ver, est@s nen@s expresaranse dun xeito aberto de tódolos temas sin ter medo ó equívoco nin á vergoña e, penso que é algo de admirar e do que temos que aprender todos.
Un acerto ver, dende primeiro plano, a unha mamá embarazada, os seus sentimentos,sensacións,hábitos... e menudo peso de enriba se deberon sacar algún pais ó non ter que explicarlles ós seus fillos de onde viñeron...e seguro que tamén houbo moitas risas cas saídas de moit@s por sacar o tema na casa,claro.
Dende logo Silvia non se pode queixar!!!seguro que con este proxecto tan diferente ós que, supoño, serán habituais, vai super preparada e, o apoio e o ánimo, polo que se ve, ten o de todos.
A presentación fotográfica tamén está xenial,moi divertida!!!
Faltouvos algo por facer????
Moitas felicitacións:facedes un gran traballo!!!seguide así!!!
A verdade e que é a primeira vez que entro no blog e debo decir que esta moi ben elaborado e gustame moito. ¡Felicidades!
Votanse de menos moitas cousas pero sabemos que é moito traballo e que pouco a pouco o blog se irá enchendo de contidos.
Con respecto ó traballo "De donde vimos?" penso que é un tema moi acertado para tratar con rapaces de esta idade e encantame como o plasmachedes e o moito que aprenderon e se reiron os rapaces.
Si mo permitides gustaríame facer unha suxerencia, que quizá en vindeiros anos podase incluir nestes traballos.
Personalmente creo que vos olvidachedes de "outra forma de nacer", que creo que na sociedade que vivimos é importante explicarlla tamén ós rapaces.
Uns nenos nacen da barriga de suas nais e outros nenos nacen no corazón de suas nais,... por suposto estou falando dos nenos adoptados.
Unha vella lenda dí que unha nai esta unida o seu fillo que está lonxe por un Hilo Rojo, que nunca se rompe,... pode enredarse pero o final do Hilo é o abrazo entre a nai e o fillo. Ese é o neno adoptado.
Aínda que a mín afectame directamente, é algo que cada día esta máis presente na nosa sociedade e creo que sería incluso recomendable que se tratase. Que os rapaces saiban non é o problema, o problema surde cando desconocen ou se lles oculta algo.
O descoñecemento de este tema a veces leva a crear dúbidas entre os rapaces e incluso non entender ou facer diferencias,... cando as cousas se ven con naturalidade os rapaces tamén as entenden así.
"A historia de...." podría ser un bo traballo para realizar en algunha ocasión, e seguro que moi gratificante e interesante.
Deixo no aire a miña suxerencia por si algún día algún mestre quere utilizala.
Gracias de novo polo blog.
Marisol Boga mama de Marta Le
Quixera contestar á mamá de Marta.
Grazas polo comentario feito.
Vemos que o noso blog está tendo unha boa acollida, pero é imposible plasmar nel todo o traballo e as actividades que facemos nas aulas.
En ed. infantil, non temos temas tabú. Todos os temas que xurden, nacen a través das inquedanzas que os nenos demostran coas súas preguntas, tendo en conta a idade dos nenos, con linguaxe apropiado pero sin ocultar a realidade, dentro dunha sensibilidade especial que debemos ter con todo.
O tema "De Onde vimos?" ´xurdiu nun momento no que os nenos comenzaron a falar de varias mamás embarazadas e varios nacee+mentos de irmáns. Contestáronse ás preguntas feitas polos nenos e referentes básicamente ó aspecto evolutivo. Dende a perspectiva dun neno, ¿Como pudo ser que entrara un bebé na barriga de mamá? ¿Abríronlle unha cremallera e metéronno dentro?
O tema dos nenos adoptados, os nenos de acollida, os pais separados, a nova parella de mamá e de papá, os novos "irmáns" as familias con costumes e formas de vida diferentes ás nosas,os ,nenos orfos,... trabállanse sempre co tema "A familia".
En ed. infantil, tratamos de aportar o noso gran de area e intentar xerar nos nosos alumnos actitudes de respeto mutuo, solidaridade, compañerismo, colaboración e sensibilidade que nos permita poñernos no lugar dos demáis e comportarnos como nos gustaría que o fixeran con nos.
Grazas por entrar no noso blog.
A profe Isabel
Publicar un comentario