sábado, 8 de noviembre de 2008
Imos de excursión!
Os nenos e nenas de primeiro fomos á biblioteca de Caixa Galicia en Santiago. Era a primeira saída que faciamos este curso. Na biblioteca explicáronnos cómo estaban colocados os libros, léronnos uns contos estupendos e moi divertidos: Pequechos, Pequeno azul e pequeno amarelo, O homiño de mazapán e un libro de poesías.
Os martes ás 18:30 organizan sesións de contacontos e talleres, a entrada é libre e convidáronnos a todos nós a asistir.
Cando rematamos na biblioteca fomos dando un paseo ata á Alameda e alí comimos as merendas e xogamos ó pano coa profe Mila. Pasámolo moi ben e queremos volver pronto!
Información sobre a biblioteca de Caixa Galicia
Etiquetas:
1º Ciclo