"As castañas, mellor asadas con leña"
MAGOSTO 2008. ENTREVISTA CO CASTAÑEIRO
- Hola,bos días. Como se chama vostede?
- Chámome Xosé.
- De onde é?
- Son de Riveira.
- Ten muller e fillos?
- Teño.
- Quen lle aprendeu a asar castañas?
- Aprendín eu só.
- Todas as castañas son iguais ou hainas distintas de sabor?
- Sí. As castañas de Verín son as mellores.
- Por que se lle fai un corte ás castañas?
- Para que non estalen.
- Que hai que facer para que non se queimen?
- Pois movelas seguido.
- De onde son as castañas que asa vostede?
- De Verín.
- Ademais de vir asar castañas ao colexio, vai asalas a outros sitios? Cales?
- Si. A todos os de Riveira.
- Axúdalle alguén?
- Si, os fillos.
- Ten algún outro traballo?
- Si. Adícome á pesca.
- Como lle gusta comer as castañas: cocidas ou asadas?
- Asadas mellor.
- Sempre tivo este oficio ou desde cando o ten?
- Non. Haberá dez ou doce anos.
- Vende castañas por algunha cidade ou pobo?
- Por Riveira e Boiro.
- A canto as vende?
- Doce castañas, un euro.
- MOITAS GRAZAS POR ATENDERNOS.
(Estela, Iria e Paula, de 6ºA)