viernes, 21 de octubre de 2016

CELEBRACIÓN DE SAMAÍN E MAGOSTO


Padrón 21 de outubro de 2016

CELEBRACIÓN DE SAMAÍN E MAGOSTO

Estimados pais/nais:

Con motivo da celebración do Samaín, precisamos da vosa colaboración para realizar as seguintes actividades:

O martes 25 de outubro: Exposición de cabazas: os alumnos e alumnas que así o queiran traerán unha cabaza decorada para a súa colocación no corredor do colexio. Este ano o tema que imos traballar durante todo o ano é O TURISMO SOSTIBLE polo que os que queiran poden decorar a cabaza con motivos propios deste tema. Quedades invitados a visitar a exposición o martes pola tarde coincidindo coa hora de titoría.

O VENRES 28 de outubro: celebramos o Magosto polo que tamén pedimos a vosa colaboración traendo á escola un puñado de castañas xa amosegadas.
Para este día temos previsto facer talleres nas aulas e posteriormente a degustación das castañas.

Agradecemos a vosa colaboración

A dirección

No hay comentarios: