Os nenos e nenas de 5ºA fixemos un traballo sobre o libro de "Escarlatina, a cociñeira defunta" escrito por Ledicia Costas e o seu ilustrador Víctor Rivas, despois a profesora deixounos elaborar as receitas do libro xunto cos nosos pais e nais durante todo un fin de semana, que logo degustaron os profesores e profesoras e alumnos de 5ºA do colexio CEIP Flavia.
O libro ten o premio Merlín de literatura Infantil 2014. Pareceunos moi interesante xa que aprendimos vocabulario novo e é moi orixinal. Ademais o pasamos moi ben léndoo, porque é divertido, emocionante e entretido.
Despois de probar na aula os postres, todos nos dixeron que estaba exquisitos.
Foi unha idea xenial!
Autores/as do texto: nenos e nenas de 5ºA do CEIP Flavia.
Os orgullosos cociñeiros/as
Nas seguintes fotos podedes apreciar con máis detalle cada un dos postres e a boísima pinta que teñen:
No hay comentarios:
Publicar un comentario