O ano 2015 é o Ano Internacional da Luz. No noso colexio xa estamos a traballar este tema. Unha das actividades propostas é o tema da luz na arte, polo que en cada trimestre imos traballar un artista diferente.
No primeiro trimestre estamos a traballar a Van Gogh, incidindo no aspecto da luz nas súas obras.
Por iso, pareceunos interesante deixar aquí unha noticia na que se fala sobre as consecuencias da iluminación dos museos nas obras de Van Gogh, xa que as cores que podemos observar agora non son as orixinais que utilizou o artista, debido a que perderon a súa intensidade.
Neste vídeo podedes ver as diferenzas entre as cores:
No hay comentarios:
Publicar un comentario