Unha das propostas a nivel de centro é a elaboración dun "Land art". E que é un "Land art"? Pois "é unha corrente da arte contemporánea que utiliza o marco e os materiais da natureza" (fonte: wikipedia). E que mellor época do ano para realizar esta obra de arte na natureza que o outono.
Cada clase organizouse dunha forma, algunhas xa levaban o "land art" elaborado e outras fixéronno no escenario mesmo (no patio do colexio).
Esperemos que este traballo perdure o maior tempo posible xa que se realizaron auténticas obras de arte.
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o proceso de elaboración e, máis abaixo, podedes ver as fotos de cada un dos "land art":
1 comentario:
Como se ve de bonito nas fotos.
Publicar un comentario