martes, 16 de marzo de 2010

O UNIVERSO


Fai un tempo que os nenos de Ed. Infantil andamos a matinar : qué cousas hai aló enriba no ceo?
Fixemos un listado do que pensamos que habería e colgámolo na pizarra.
Comezamos a traer información da casa: libros, revistas, murais, cancións, vídeos, debuxos, imaxes de Internet,…








Pouco a pouco fomos aprendendo moitas cousas da Via Láctea, as estrelas, planetas, satélites, naves espaciais,… Fixemos un libro,


Un mural,…



Enchemos a clase de planetas e estrelas,…


Fixemos un móvil cun planeta grande e outro pequeno que xira arredor do Sol e que levamos para a casa, para colgar no noso cuarto:

Fomos ó Planetario a Coruña para facer una viaxe polo Sistema Solar de verdade, como si estivésemos nunha nave espacial. Algún neno chorou porque non levaba o traxe de astronauta e, claro: Cómo ó espacio hai que ir ben vestido ,…. xa se sabe,…! Apareceron os problemas….!
Tamén houbo quen estaba moi preocupado por saber como voltaríamos á Terra onde quedaran soas as mamás. Pobriñas! Non puideron vir con nos!
Demos unha volta pola Vía Láctea e, cando pensábamos que nos ía a queimar o Sol, porque nos achegamos moito, o astronauta-piloto, puxo rumbo á Terra e, a nave espacial deixounos de novo en A Coruña, sans e salvos.
Pasámolo moi ben. Además xogamos a facer enormes pompas de xabrón, a manter unha pelota no aire sin que caera, a facer xirar bolas no mesmo sentido que xira a Terra,…







Despois de comer tocou voltar ó cole. Estabamos rendidos…. Porque, sabedes,…. iso de ir voando polo espacio, cansa moito, moito...





Con este proxecto, aprendemos ademáis, contos (“ A qué sabe a lúa?”, "Los colores de los planetas"), cancións: “Saiu o soL”, “Os planetas”, … fixemos medicións, clasificacións, averiguamos para que sirve o telescopio, quén o inventou, as cores dos planetas e os tamaños, as formas da lúa, as cousas que se ven de día e de noite, …

Cando lle botamos una ollada á lista que fixemos ó principio, quedamos “abraiados”: dixéramoslle á profe que os planetas eran malos, e que tiñan pistolas .Ja, ja, ja…
Qué despistados!!!


Si queredes ver algún dos vídeos que vimos nos, clicade nalgunha destas páxinas:
http://www.youtube.com/watch?v=0Mc1meXPsQQ
http://www.ign.es/ign/home/flash/mi_amiga_la_tierra/home.swf
http://www.youtube.com/watch?v=XnurFts58m0&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=j9o6ysucWUI&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=a1djRNR1g58&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=2lEhrS65BP4&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=ApWFB4a29G0&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=5GOENKGV3Hk
http://www.youtube.com/watch?v=BBuBczUbPqE&feature=related
http://www.acienciasgalilei.com/videos/cosmos/2-3-viajar-espacio.wmv




No hay comentarios: