jueves, 12 de marzo de 2009

PROXECTO: A TARTARUGA


CERTO DÍA, OLLANDO O XORNAL DA ESCOLA PARA OBSERVAR O TEMPO QUE FACÍA EN GALICIA, DESCUBRIMOS UNHA NOTICIA SOBRE UNHA TARTARUGA BOBA QUE QUEDARA ENGANCHADA NOS APARELLOS DE PESCA DUN BARCO DE CELEIRO.
LEMOS A NOTICIA QUE NOS IMPACTOU MOITO E PREGUNTÁMONOS SI ALGUNHA VEZ LLE PODERÍA ACONTECER ALGO SEMELLANTE Á NOSA “MANOLITA”.
ESCRIBIMOS UNHA CARTA Ó ACUARIO DE A CORUÑA PARA AVERIGUAR MÁIS COUSAS.
CARLOS, A PERSONA ENCARGADA DE COIDAR A “XILA”, COMO A BAUTIZARON NO ACUARIO, CONTOUNOS COMO TRANSCURRIRON OS PRIMEIROS DÍAS, QUÉ FERIDAS TIÑA, COMO VIVÍA NO SEU ENTORNO NATURAL,….
COMENZAMOS ASÍ A FACER O NOSO PROXECTO:
OLLAMOS VÍDEOS, INVESTIGAMOS EN ENCICLOPEDIAS, POWER POINTS, PELÍCULAS, LÁMINAS, APRENDEMOS ADIVIÑAS, POEMAS DE GLORIA FUERTES, DESCUBRIMOS QUE “MANOLITA” É MACHO E “PEPITA”, É FEMIA. UNHA BOA PARELLA! AVERIGUAMOS O PESO, OS ANOS QUE VIVEN E MESMO FIXEMOS UNHA TARTARUGA A TAMAÑO REAL. SI A POÑEMOS DE PE, É MÁIS ALTA QUE NÓS!
PARA REMATAR, ELABORAMOS CADA UN O NOSO LIBRO DA TARTARUGA.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS E DIVERTÍMONOS MOITO!
AGORA SO NOS QUEDA VOLVER A ESCRIBIR A CARLOS PARA QUE NOS CONTE SI XILA ESTÁ TOTALMENTE RECUPERADA E PODE VOLTAR Ó MAR.
SORTE “XILA”!

No hay comentarios: