domingo, 1 de febrero de 2009

Día da PAZ





O venres, 30 de Xaneiro, celebrouse o Día da Paz. Á terceira hora da mañá, fomos colocar unhas follas de papel onde escribimos desexos de Paz, nunha árbore que había pintada nun mural. Tamén tiramos nunha papeleira,ao lixo, os desexos malos.
Pola tarde, cantamos unha canción que tiñamos preparada na clase de música. O profesor de música tamén nos puxo outras cancións, que cantamos e bailamos.
Ao final, marchamos para a clase. Así celebramos no Flavia o Día da Paz.ÓSCAR ABELENDA 6º

No hay comentarios: