martes, 16 de diciembre de 2008

Xa está rematado o Belén do Colexio!

Como todos os anos por estas datas, tan preto do Nadal, o Colexio Flavia fai o seu Belén orixinal, impulsado polo Equipo de Actividades Extraescolares. Este ano tocou facelo empregando obxectos e material que temos a cotío na cociña: escorredoiros, culleres, vasos, garfos, papel, panos de mesa, lentellas, garabanzos, café, pirixel, etc. Con todo este material, alumnos e profesores idearon e montaron un Belén moi orixinal. QUEDADES CONVIDADOS A VELO!