O pasado luns, día 15, fomos de visita a Santiago de Compostela, ao Instituto Galego de Consumo. Ao entrar, mandáronnos pasar nunha aula e alí Patricia, a monitora, explicounos o que íamos facer. Como eramos moitos, fixeron dous grupos de quince. Un grupo fomos a unha aula onde nos explicaron o proceso de fabricación do chocolate; un neno fixo de vendedor e outro de consumidor. Cando o consumidor lle deu os cartos para pagar o chocolate, fomos pasando os cartos por cada neno que tiña unha tarxeta das partes da fabricación do chocolate. Cada neno collía os cartos que cría que lle correspondía polo seu traballo. Logo pasamos para a aula do lado onde fixemos publicidade. Déronnos unha cartolina e cores diversas e unha tarxetiña cunha idea para debuxar. A nós tocounos inventar un anuncio de bebida isotónica. Debuxámola e presentámola diante de toda a clase. Finalmente regaláronnos unhas mochilas de cor verde ou laranxa. E xa voltamos ao cole. Foi divertido e aprendemos cousas novas. Sara Andrade Lorenzo 6º
No hay comentarios:
Publicar un comentario