Os nenos e nenas de Padrón convertímonos por un día en instrumentistas de corda.
Na actividade organizada polo Concello de Padrón e coa colaboración dos mestres, especialmente os de música, participou todo o alumnado de Primaria do C.E.I.P. Rosalia de Castro, a Escola de Carcacía e o noso propio centro.
Moitos de nós tivemos un contacto directo cos instrumentos, violíns, violas e cellos e por uns minutos soubemos o que supón ser parte activa dunha orquestra. Disfrutamos do pracer de escoitar e interpretar panxoliñas, polcas e por último todos cantamos "O Himno da Alegria" de Beethoven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario